Axenda Urbana

2030

Por que unha Axenda Urbana?

O desenvolvemento da Axenda Urbana de Ames, contribuirá a evidenciar o compromiso municipal cos ODS da Axenda 2030 e, máis concretamente co ODS 11 e a implementación da Axenda Urbana Española.

Neste contexto, o primeiro paso para o futuro deseño da Axenda Urbana de Ames foi a realización dunha análise e diagnose da situación actual do municipio.

A continuación elaborarse o marco estratéxico e o conseguinte Plan de Acción de maneira participada con todos os axentes do territorio, asegurando desta maneira que o documento final será un reflexo das capacidades e necesidades colectivas do municipio de Ames.

Que é a Axenda Urbana?

A Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostible, aprobada por tódolos países de Nacións Unidas, expón 17 obxectivos (ODS) e 169 metas de carácter integrado que abarcan os ámbitos económico, social e ambiental.

O Plan de Acción da Axenda 2030 foi aprobado polo goberno de España en xuño de 2018 e nel, partindo da análise e diagnóstico da situación dos ODS en España, expóñense unha serie de accións. Unha das políticas máis relevantes identificada polo goberno de España é a Axenda Urbana Española.

A Axenda Urbana Española “é a folla de ruta que vai marcar a estratexia e as accións para levar a cabo ata 2030, para facer dos nosos pobos e cidades ámbitos de convivencia amables, acolledores, saudables e concienciados”.

A Axenda Urbana Española propón unha visión integrada, holística e transversal dos pobos e cidades para alcanzar un desenvolvemento sostible e integrado. Só mediante o impulso da elaboración dos plans de acción locais, ou axendas urbanas locais será posible alcanzar os obxectivos globais.

Cales cres que deberían ser as prioridades de Ames nos próximos anos?

Escoitámoste! No seguinte formulario poder axudar a converter Ames na vila que queremos

Retos estratéxicos

1.

Territorio, paisaxe e biodiversidade

2.

Modelo de cidade

3.

Cambio climático e resiliencia

4.

Xestión sostible dos recursos e economía circular

5.

Mobilidade e transporte

6.

Cohesión social e igualdade de oportunidades

7.

Economía urbana

8.

Vivenda

9.

Era dixital

10.

Instrumentos e gobernanza