Participación

A Estratexia Urbana de Ames emerxe como unha ferramenta clave que reclama a colaboración e participación activa de diversos axentes. Sobrepasando as fronteiras municipais, este documento non só representa un esforzo colaborativo do Concello de Ames, senón tamén unha alianza con outros niveis de goberno superior, outros Concellos e as diferentes entidades do municipio (sociais, ambientais, empresariais, económicas, deportivas, culturais e demais axentes relevantes na comunidade). A Estratexia Urbana é un proxecto que aspira a construír un futuro sostible para Ames, e isto só é alcanzable cun enfoque integrador e colectivo. A participación e o compromiso de todos estes axentes son esenciais para executar as accións planificadas e alcanzar os obxectivos propostos.

A relevancia desta Estratexia Local reside na súa habilidade para coordinar accións conxuntas no territorio, non só en relación ás cuestións clave identificadas polo Concello, senón tamén á capacidade e aspiracións da comunidade local.

A través de diversas actividades participativas, o Concello de Ames estase a implicar activamente coa comunidade local a través das entidades e asociacións sectoriais, co fin de recoller unha visión completa e diversa que reflicta as distintas perspectivas e inquedanzas presentes no territorio.

Foros municipais

Desde o convencemento de que o principal valor de futuro para o noso municipio é a capacidade de asociación entre os actores do municipio para afrontar os desafíos comúns, celebraranse dous grandes encontros  do Foro municipal da Axenda Urbana de Ames entre os distintos axentes claves do concello que terán lugar na Casa da Cultura de O Milladoiro o vindeiro 11 de Abril ás 10:00 e o 18 de Abril as 20:00 na Casa da Cultura de Bertamirans.

Estes Foros participativos de exploración de retos e proxectos estratéxicos, permitiranos identificar os plans, programas e proxectos prioritarios do Ames de futuro que queremos e podemos conseguir.

O obxectivo dos citados Foros Municipais é facilitar o encontro entre as distintas entidades e actores do municipio co obxectivo de que se poidan expoñer aquelas estratexias, proxectos e accións máis prioritarias que se están a realizar, ou temos previsto realizar, desde o noso ámbito de actuación.

Mesas sectoriais

As xornadas de participación, desenvolvidas en diferentes datas e dirixidas a diversos sectores da comunidade, buscan fomentar o diálogo e a interacción directa entre as entidades e asociacións agrupadas de forma sectorial. O obxectivo non é só contrastar os desafíos identificados nunha primeira diagnose, senón tamén afondar nas necesidades, aspiracións e accións prioritarias que cada grupo sectorial ten planificadas ou está a desenvolver no seu ámbito de actuación.

Os encontros que se están a levar a cabo co grupo de goberno, cos xefes de servizo do Concello e coa oposición ao goberno resaltaron o compromiso do proceso participativo en todos os niveis da administración local. Nestas xuntanzas, proporciónase un espazo para intercambiar información coa xestión municipal e asegurar que as voces de todos os sectores da sociedade estean representadas e escoitadas no proceso de elaboración da Estratexia Urbana.

En resumo, o intercambio de ideas e a posta en común das contribucións de todos estes grupos axudarán a consolidar unha visión compartida e a reforzar a calidade e relevancia das accións propostas na Estratexia Urbana de Ames, consolidando así unha visión compartida e construíndo unha base sólida para o desenvolvemento futuro de Ames

Liña temporal