Diagnose

A diagnose da situación actual do Concello de Ames abordouse en relación a cada un dos dez obxectivos estratéxicos da Axenda Urbana Española, constituíndo cada un deles un ámbito temático diferenciado. Cada un destes 10 ámbitos temáticos analízase desde o punto de vista cuantitativo e cualitativo.
Cuantitativamente, a partir de dos datos e indicadores mais relevantes para cada ámbito obtidos de fontes estatísticas oficiais e dos datos e indicadores descritivos da Axenda Urbana Española. A análise cualitativa abordouse a partir dos instrumentos de planificación estratéxica xeral e sectorial do Concello. A información foi complementada con dúas rondas de entrevistas tanto co persoal técnico como político con competencias en cada un dos ámbitos temáticos a abordar.
A finalidade da análise e a diagnose foi a identificación dos principais problemas, retos e aspectos de mellora que ten que afrontar o Concello de Ames para promover un municipio más sostible, resiliente e integrador.

  1. Necesidade de establecer un modelo territorial asumido polo conxunto de administracións que interveñen na área urbana, mediante a consolidación e articulación dun modelo policéntrico de asentamentos.
  2. Necesidade dunha revitalización do espazo rural que implique a súa reactivación produtiva, dinamización social e posta en valor do patrimonio cultural e natural.
  3. Necesidade de favorecer a conectividade ambiental do conxunto da área urbana, mediante unha rexeneración ambiental, que teña a rede hídrica e, en especial, ao río Sar como eixo estruturador.
  1. Necesidade de vencellar os núcleos urbanos de Bertamiráns e Milladoiro.
  2. Necesidade de revisar as dotacións existentes e previstas na cidade con criterios de cidade paseable.
  3. Posibilidade de resolver os bordes urbanos inacabados ou inconexos, tomando o corredor do río Sar como nexo de unión, mellorando a conectividade ecolóxica lonxitudinal, así como recuperando as conexións transversais (coser o territorio).
  4. Posibilidade de establecer redes de percorridos peonís que configuren corredores comerciais de calidade e vencellen os principais equipamentos, conectando tamén os núcleos rurais próximos, así como as áreas periurbanas.
  5. Necesidade de impedir o incremento da dispersión poboacional e de aumentar a densidade e compactidade dos núcleos periféricos, mediante os instrumentos urbanísticos.
D.1 Adaptación ao cambio climático:
  1. Necesidade de actuar sobre a mobilidade e a eficiencia enerxética do parque edificatorio.
  2. Necesidade de aumentar a capacidade de produción eléctrica local (distribuída).
  3. Necesidade de continuar potenciando o consumo local e reducir a cantidade de residuos xerados e de facer máis eficiente a súa xestión.
D.2. Mitigación do cambio climático:
  1. Incremento da probabilidade de incendios forestais e inundacións, que esixe a implementación de medidas de adaptación, prevención, alerta temperá e de mellora da capacidade de resposta.
  2. Necesidade de coordinación entre municipios para dar resposta aos riscos derivados do cambio climático e planificar a adaptación.
  3. Necesidade de adaptar as áreas urbanas para diminuír os efectos das vagas de calor sobre a poboación e de creación de novas áreas verdes.
  1. Necesidade de reforzar o transporte público e de intensificar as relacións con Santiago para restar viaxes aos modos en vehículo privado a favor do transporte público.
  2. Necesidade de incrementar o peso dos modos de transporte non motorizados sobre o total, e do transporte público nos desprazamentos motorizados, para conseguir unha redución efectiva de emisións e consumos derivados do uso de combustibles fósiles e para mellorar a seguridade viaria.
  3. Necesidade de recuperar espazo público para o seu uso estancial e de xerar percorridos peonís continuos que permitan o uso peonil do espazo urbano e contribúan á mellora da mobilidade e da saúde e sociabilidade da cidadanía.

D.1 Consumo de enerxía:

  1. Necesidade de revisar os instrumentos existentes para incluír estes datos e necesidade de elaborar unha auditoría enerxética dos edificios públicos.
  2. Necesidade de actuar sobre a mobilidade e a organización da loxística.
  3. Convén aumentar a capacidade de produción eléctrica local (distribuída) e inducir a unha redución da demanda de gasóleo en particular e de combustibles fósiles en xeral.

D.2. Ciclo integral da auga

  1. Necesidade de aumentar la capacidade de depuración da auga para evitar a contaminación e de cara a emprender accións de rexeneración ambiental nas ribeiras do Sar.
  2. Necesidade de aumentar la dispoñibilidade de redes separativas de cara a unha xestión posterior da auga de choiva, que permita o seu aproveitamento para outros usos.
  3. Necesidade de aumentar a capacidade de retención de auga, tanto na rede como no territorio, para a prevención e xestión de inundacións, que se poderían ver incrementadas como resultado do cambio climático.
  1. Necesidade de favorecer o acceso da poboación das zonas rurais aos servicios presentes no conxunto do municipio e de dinamizar aquelas zonas do rural que poidan ser soporte de novas actividades económicas que axuden a mellorar a súa situación actual, a integralas no conxunto do municipio e a inducir un efecto beneficioso sobre o resto do territorio.
  2. Necesidade de adaptar os servizos sociais ás transformacións demográficas e tecnolóxicas en marcha e a establecer mecanismos de cooperación entre municipios da área urbana.
  3. Necesidade de manter e incrementar os esforzos públicos en materia de igualdade de xénero superando as visións sectoriais do problema e integrando a súa abordaxe nunha política integral que teña un punto de apoio fundamental no reforzamento dos servizos sociais.
  4. Necesidade de implementar políticas que reduzan o paro entre 25 e 44 anos de modo que podan desenrolar un proxecto de vida no municipio, contribuíndo o dinamismo poboacional e asegurando o futuro do municipio.
  5. Necesidade de estudar os cambios na composición da poboación tanto permanente como temporal de cara a priorización do establecemento de novos servizos públicos ou adaptación dos existentes, cara a unha mellor satisfacción das necesidades de novos colectivos residentes.
  1. Unha parte moi relevante dos sectores industriais vinculados á cidade sitúanse fóra do municipio de Santiago nun contexto de ausencia dunha cooperación, coordinación e planificación conxunta.
  2. O peso económico do sector primario é practicamente irrelevante en Ames, que con todo dispón dun vasto territorio, transformado na súa estrutura da propiedade para optimizar o uso agrario e isto nun contexto de crecente interese polo consumo de alimentos de km.0. Por outra banda, o sector industrial da madeira é o de maior envergadura na área urbana.
  1. Necesidade de adaptación do parque de vivenda ás demandas de eficiencia enerxética, buscando a sustentabilidade no parque edificado.
  2. Posibilidade de creación dun parque de vivendas adaptados á poboación máis nova, conformando unha oferta atractiva e adaptada.
  1. Necesidade de recompilación de datos procedentes de distintos ámbitos e creación de indicadores propios, que estean dispoñibles de xeito aberto, que enchan as carencias nos datos actualmente dispoñibles para medir o clima dixital e outros ámbitos dos que non se dispón de información específica. A partir da obtención e tratamento deses datos, ofrecer plataformas de datos abertos amplas e útiles para a cidadanía e para a economía local.
  2. Necesidade de conectar a planificación dos procesos de dixitalización co resto de instrumentos para identificar necesidades concretas e ámbitos onde as novas solucións dixitais poidan aportar un valor engadido real ao municipio.
  3. Necesidade dunha progresiva eliminación das zonas brancas no rural, e de mellorar a calidade dos servicios prestados a través da implantación das TICs.
  1. Necesidade de explorar fórmulas de cooperación entre municipios da área urbana, institucionalizadas ou non, que permitan reforzar políticas tales como a planificación territorial, o transporte, a dotación de servizos, as políticas económicas, etc., configurando un marco de toma de decisións con capacidade para operar sobre tódolos temas fundamentais para a área urbana.
  2. Necesidade de consolidar as experiencias de participación para reforzar á sociedade civil, mediante unha revisión dos órganos de participación existentes, a incentivación na poboación do coñecemento dos plans vixentes, e, ao tempo, introducir na administración municipal unha cultura do seguimento e avaliación de políticas que permita melloras progresivas e incrementais na acción pública.
  3. Necesidade de centralizar a abundante información municipal dispoñible na web nun único punto onde esté dispoñible en formato reutilizable, facilitando o acceso rápido por parte dos distintos departamentos municipais, axilizando os procesos de toma de decisións e a idoneidade das solucións adoptadas, e aumentando a transparencia da administración pública.